Marín mellora os seus espazos públicos
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín acomete estes días unha serie de obras para mellorar os seus espazos urbanos. Entre outras reformas están a eliminar algunhas barreiras arquitectónicas.
Así os servizos técnicos supervisaron o rebaixe de varias esquinas que é necesario adaptar para converter en accesibles e así facilitar os desprazamentos e mellorar a mobilidade.
Ademais estase acondicionando o espazo público situado nas proximidades do río Neibó que se atopaba deteriorado e precisaba tomar medidas que garantisen a seguridade na zona e a súa posta en valor.
Entre outros elementos restaurouse unha parte da varanda.