Os alumnos do Carballal aprenden a enfrontarse ao acoso escolar
Por Redacción
No CEIP Carballal de Marín celebrouse este mércores unha charla sobre acoso escolar, que xunto a celebrada o pasado 6 de marzo sobre os perigos da Internet, completa as actuacións previstas dentro do Plan Director para a seguridade. As charlas foron impartidas por un membro da policia Nacional.
Na actividade do día 6 de marzo, os alumnos aprenderon as precaucións que se deben tomar cando navegan na rede así comio posibles estafas que poden atopar.
Así, indicouse ós alumnos as medidas que deben adoptar para previr ser víctimas de delitos cometidos a través de ese medio, pero tamén se lles advertiu das posibles infracións nas que poden incurrir se non fan un uso correcto do mesmo.
Hoxe aprenderon a identificar as situación de acoso, ademáis de indicarlles como loitar contra elas e de que medios disponen para facelo.
Non e a primeira vez que este centro solicita este tipo de actividades, xa que ademáis do actual, levan dous cursos organizándoas. A comunidade educativa do CEIP Carballal, agradeceu o traballo feito pola Policía Nacional, xa que, "cada vez máis, é necesario preparar aos nosos xóvenes para afrontar con recursos as situacións problemáticas que lles poidan xurdir na súa vida, coa información precisa para facelo, polo que agardamos poder seguir contando nos vindeiros cursos coa súa colaboración".