O PP acusa o Alcalde de non falar do crematorio por motivos electorais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O representante do Partido Popular na comisión de Urbanismo, Ricardo Aguilar, acusou os membros do goberno local de, por motivos electorais, estar entretendo aos veciños co tema da construción do tanatorio-crematorio en Montecelo.
E deste xeito, Aguilar retou a Miguel Fernández Lores a que antes das eleccións explique o que pasa con este proxecto. Reclama que o goberno local se poña en contacto coa Xunta de Galicia para buscar unha solución. E asegurou que non ten sentido como está a normativa porque deste xeito podería "construirse un crematorio en la Michelena"