Nace a Plataforma "Crematorios urbanos NON"

Por Oskar Viéitez
A asociación de veciños de "O Castro", a Comunidade de Montes e a Sociedade Cultural e Deportiva, todas ellas de Mourente, xunto á entidade veciñal Pedra do Lagarto-A Parda, anunciaron nunha rolda de prensa conxunta no local social de Os Areás, a constitución da Plataforma: "Crematorios urbanos NON".
O voceiro deste colectivo, José Vilar, demandou a implicación do Concello e a Xunta para que "se regule legalmente esta situación e impidan a construción deste tipo de instalacións no medio da cidade".
"Pretendemos llegar a un acuerdo para poder aliviar este mal trago"
Sinalaron como alternativa para construír o primeiro forno crematorio do municipio que se acade un acordo entre os catro os proxectos que manexan as empresas.
Ata suxeriron que sexa a administración municipal a que constrúa un único crematorio nos arredores da cidade e que a súa xestión saia en concesión en concurso público.
Desde logo coinciden en que "non é normal" a lea que se traen entre as funerarias para montar tanatorios crematorios en Pontevedra.
Ademáis os membros desta Plataforma recén constituída confesaron a súa "sorpresa" ante o anuncio das empresas Pompas Fúnebres e Alianza y Barros de modificar a súa proposta de construír un tanatorio crematorio trasladándoo de Montecelo ao pleno centro urbano a uns 120 metros do Parador Nacional e uns 300 metros da Praza de España, dixo este portavoz, José Vilar.
"Pretendemos llegar a un acuerdo para poder aliviar este mal trago", polo que en primeiro lugar dirixiranse ao concelleiro de urbanismo, Antón Louro "e si el non pode solucionalo que o deixe e que busque a un mediador para remediar isto", apuntou.
Esta Plataforma agradeceu o ofrecimiento de diálogo brindado polo empresario Juan Perdiz, propietario de Tanatorio San Mauro-Funeraria San Marcos, firma que promove un dos catro proxectos de crematorios para a cidade, quen declarou en Radio Pontevedra que está disposto a negociar cos veciños da contorna a fin de darlles garantías sobre o funcionamento da instalación.
A directiva da Plataforma "Crematorios urbanos NON", dará agora os pasos legais para a súa constitución e fai un primeiro chamamento a todas as persoas que se sintan afectadas a que se sumen á súa iniciativa.
Xunto ás dúas empresas xa citadas existen outras dúas propostas máis de crematorios en liza que promoven as firmas "Alfonso Iglesias Otero" na avenida de Montecelo e "Funespa" en San Mauro, nas antigas instalacións de Unión Fenosa.
Relacionadas:
-
Invocan o Consello Social municipal ante o "problema grave" dos crematorios
Por Redacción |
-
Todos a unha contra os crematorios
Por Redacción |
-
Nin tanatorios, nin crematorios nin mortos!
Por Oskar Viéitez |
-
O PP vencella a "cascada de crematorios" á ausencia de PXOM en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Proxectan construír un tanatorio con crematorio fronte á ponte do Burgo
Por Anxo Lourido & Alejandro Espiño |
-
O PP acusa o Alcalde de non falar do crematorio por motivos electorais
Por Redacción |
-
Preocupación veciñal polo crematorio en Montecelo
Por Redacción |
-
O rexeitamento veciñal ao crematorio enfronta ós políticos
Por Oskar Viéitez |