Excarceran un condutor que bateu contra un muro en Barro
Por Redacción
Un home tivo que ser excarcerado do seu propio vehículo tras saír da vía. O accidente tivo lugar na N-550, no lugar de Lourido (Barro).
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 16.10 horas.
Ao lugar trasladáronse bombeiros do parque de Ribadumia, unha ambulancia do 061, voluntarios de Protección Civil de Barro e a Garda Civil de Tráfico.
A vítima, da que se descoñece as feridas que sufriu, tivo que ser excarcerada polos bombeiros despois de que o vehículo no que circulaba finalizase accidentado contra un muro.