CIG e CC.OO. ameazan cunha protesta na Michelena se os extraballadores de Proinsa non cobran
Por Redacción
Albaneis, operarios, peóns... 220 traballadores da empresa construtora Proinsa de baixa cualificación non recibiron un só euro do patrimonio da empresa que pechaba en 2008 someténdose a un concurso de acredores.
Repartíronse da fase de liquidación 1.250.000 euros en setembro de 2012. Máis dun millón leváronllo o Fondo de Garantía Salarial, Seguridade Social e Facenda. Para aqueles traballadores de maior salario dentro do grupo empresarial repartiuse unha cantidade de 200.000.
Agora queda unha cifra de 300.000 euros que aínda non foi repartida. Os sindicatos reclaman que aos administradores concursais que fagan unha proposta co obxectivo de que parte dese diñeiro chegue aos traballadores que non recibiron ningunha cantidade tras o peche de Proinsa.
Así manifestárono Eusebio Justo de Comisiones Obreras e Rafael Iglesias da CIG que ameazan os administradores concursais cunha concentración de traballadores e afiliados ante a sede que teñen na rúa Michelena se antes do 10 de maio non se resolve a situación. Os sindicalistas afirman que, hai un mes, os administradores se comprometeron a elaborar esa proposta para despois trasladala ao Xulgado do Mercantil e resolver esta situación.