O músico e xornalista Tino Domínguez recupera temas de John Fogerty en solitario e acompañado da mítica Credence Clearwater Revival. Non só soan os californianos, tamén suman a este estilo outros americanos: Alabama.
Tocando o pop de anteriores décadas engade a esta hora de música aos Bay City Rollers, ao que fose cantante dos Teen Tops, Enrique Guzmán ou a Los Ángeles.
Soan igualmente solistas tan dispares como Janis Joplin, Charles Aznavour, Soledad Jiménez e Andrés Calamaro; estes dous últimos con versións de cancións máis antigas e que posiblemente non tiveras ocasión de escoitar.