Un microbús escolar colide contra un muro en Cuntis
Por Redacción
Un microbús ocupado por tres escolares, un acompañante e a súa condutora sufriu un accidente na mañá deste martes, na parroquia de Zo do concello de Cuntis.
A policía local informou que todo parece indicar que o vehículo tivo un problema de freos e ao facer un xiro habitual, deslizou sobre o terraplén e chocou contra o murete dunha casa, causando danos mínimos sobre el.
Afortunadamente ningún dos ocupantes do vehículo resultou ferido, e os pais dos alumnos encargáronse de achegalos ao colexio para que puidesen aproveitar a xornada lectiva.
O vehículo en cuestión pertence á empresa Monbús, e sufriu danos relativos ao quedar apoiado sobre a casa do particular.