Medio millón de euros para axudas a entidades sen ánimo de lucro
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra concederá preto de medio millón de euros a entidades sen ánimo de lucro da provincia para que realicen actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade durante ano 2018.
A Xunta de Goberno aprobou nos últimos días as bases que regulan as subvencións dirixidas a estas entidades, que ascenderán, en concreto, a 499.000 euros, 9.000 euros máis que no 2017.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que durante o pasado exercicio 2017 beneficiáronse destas axudas 119 entidades da provincia e iso que houbo 9.000 euros menos de axudas.
Segundo explicou a presidenta, estas subvencións concédense a través dun réxime de concorrencia competitiva e poderán optar a elas proxectos, programas e actividades de asociacións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro sempre que se desenvolvan no ámbito territorial da provincia.
As actividades subvencionales terán que estar dirixidas aos seguintes colectivos: familia e infancia; persoas maiores; persoas con diversidade funcional; emigrantes, inmigrantes e minorias étnicas; persoas en risco de exclusión social; drogodependentes ou con outros trastornos adictivos; mocidade; sociosanitarios, e colectivos con outros problemas que poidan ser obxecto de intervención social.
As entidades interesadas poderán presentar as solicitudes unha vez que as bases recén aprobadas saian publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.