Dous individuos atracan a punta de pistola un estanco e levan tabaco e diñeiro
Por Redacción
Dous traballadores do estanco situado na rúa Banda do Río de Bueu leváronse un bo susto este venres. Estaban no seu lugar de traballo cando entraron dúas persoas, sacaron unha pistola e obrigáronos a entrar nun cuarto. Pecháranos mentres roubaban ás súas anchas.
Os ladróns fuxiron a bordo dun vehículo e, nese momento, as dúas presuntas vítimas saíron do cuarto no que as encerraran e deron alerta á Policía Local de Bueu e a Garda Civil de Marín, que abriu unha investigación para esclarecer os feitos.
Segundo a Policía Local de Bueu, a Garda Civil está a instruír as dilixencias polo atraco e intenta localizar os ladróns.
Á espera de que se conclúa a investigación, os responsables do estanco indicaron que os ladróns levaron a recadación da caixa e tabaco.