Un ciclista resulta ferido de gravidade ao ser atropelado en Vilagarcía
Por Redacción
A última hora da mañá rexistrábase un accidente viario na Avenida das Carolinas de Vilagarcía de Arousa. Un turismo, un Renault Laguna, impactaba contra unha bicicleta na que se trasladaba un veciño da vila de 51 anos. O golpe provocou que o ciclista caese contra a calzada. Segundo o servizo de Emerxencias do 112 enviou ata o lugar unha ambulancia medicalizada e tamén se achegaron axentes da Policía Local e de Protección Civil.
Segundo informaba Protección Civil, o home ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés. Non obstante, no centro consideraron que debido á gravidade das feridas debía ser remitido ao Hospital Xeral-Cíes de Vigo.
O condutor do turismo, veciño de Vilagarcía, resultou ileso.