Os socialistas esixen medidas contra a proliferación de ratas en Pontevedra
Por Redacción
A cidade de Pontevedra veuse afectada pola aparición de ratas nas rúas próximas ao Lérez. Esta problemática foi comunicada ao grupo socialista pontevedrés a través de numerosas queixas por parte de veciños.
Os roedores poden verse en diferentes puntos da cidade, sendo a rúa Rafael Areses e o paseo que comunica a ponte de Santiago co campus universitario, as zonas máis afectadas. "Os roedores son visibles a calquera hora do día nunha cantidade considerable. Non se inmutan ante a presenza de xente e preocupan", afirma Tino Fernández.
O mercado ambulante semanal de Rafael Areses viuse altamente prexudicado. Antes esta situación, os vendedores piden medidas para cambiar estas circunstancias xa que afecta a súa economía e é un problema de saúde pública. Para rematar coa praga, piden ao alcalde que reclame á empresa concesionaria do servizo de limpeza que actúe e proceda á desratización das zonas onde sexa necesaria esta intervención.
Os socialistas inciden na cantidade que, a cotío, percorren o paseo entre as universidades, colexios e institutos. Ademais, denuncian a pasividade do goberno municipal no seu labor de xestión, afirmando que "o goberno está en estado de hibernación política".
O PSOE pedirá un informe sobre os traballos de desratización porque entenden que "hai que evitar esa imaxe de Pontevedra".