Os socialistas denuncian que as ratas seguen a proliferar en Campolongo
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do PSOE acaba de rexistrar unha solicitude instando ao Concello de Pontevedra a que ordene con carácter inmediato unha "campaña de choque que faga fronte á proliferación de ratas na cidade".
"Ou a empresa non cumpre ou no se están acadando os resultados porque a situación segue a ser escandalosa" indicou o portavoz municipal Tino Fernández
Os socialistas fan referencia especial ao barrio de Campolongo onde "a presencia dos roedores é visible a calquera hora do día" e sinalan nomeadamente o cauce dos Gafos e as fincas cercanas. "Algunhas son un auténtico paraíso para estes animais dado o seu estado de abandono" afirman.
O actual prego de condicións e contrato administrativo que regula a xestión indirecta do servizo de recollida do lixo establece que a empresa concesionaria está obrigada a realizar de forma periódica, cada tres meses, campañas de desratización.
Os concelleiros do PSdeG lembran ao goberno local que ten a responsabilidade de vixiar que as empresas concesionarias cumpran os seus compromisos.
"Non podemos estar vendendo o modelo de cidade se no mesmo centro hai auténticas colonias de ratas campando as súas anchas. Pasou non hai moito en outro punto da cidade e agora esta a pasar en Campolongo. O señor alcalde ten que ser sensible a esto y actuar de inmediato", engadiu Tino Fernández.
Os socialistas levarán á próxima comisión informativa esta situación.
Relacionadas:
-
O PSOE urxe medidas especiais para acabar cunha praga de ratas
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas esixen explicacións pola "mala recollida do lixo" durante os festivos
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a aparición dunha rata nas escaleiras do Hospital Provincial e esixen solucións inmediatas
Por Redacción |
-
Os socialistas promoven unha ruta Hamelín por Pontevedra detrás das ratas
Por Redacción |
-
"Ante a proliferación de roedores na cidade", o PP volve preguntar polo plan de desratización municipal
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen medidas contra a proliferación de ratas en Pontevedra
Por Redacción |