Pontevedra ten esta fin de semana unha nova cita cos descontos
Por Redacción
Con febreiro chega, como xa é habitual, a feira 'Stock Pontevedra', que organiza o Centro Comercial Urbano CCU Zona Monumental desde hai 15 anos e que este ano, unha vez máis, ocupará todo o recinto feiral entre este venres 2 e este domingo 4 de febreiro.
A feira terá este ano máis de 60 expositores que, como en edicións anteriores, poñerán á venda os stocks dos seus comercios a prezos rebaixados e, en ocasións, mesmo de ganga.
Estarán á venda no recinto feiral de Pontevedra produtos dun amplo e variado rango de sectores: téxtil (moda home, muller, íntima, infantil...), peletería, complementos, calzado, decoración, antigüidades, deportes, fogar ou óptica.
Son comerciantes que elixen esta feira para darse a coñecer e liquidar os stocks dos seus establecementos, dado que o fluxo de visitantes é moi elevado durante os tres días que se prolonga no recinto feiral. O prezo da entrada será de 1,50 euros importe que axuda a completar o financiamento da feira.
A feira permanecerá aberta desde o venres ata o domingo en horario continuado entre as 11.00 e as 21.00 horas. Do mesmo xeito que en anteriores edicións haberá un servizo de gardería gratuíto no que os clientes poder deixar aos nenos atendidos por profesionais cualificados mentres realizan as súas compras. Tamén haberá cafetería.
Os organizadores destacan que 'Stock Pontevedra' mellora ano tras ano e renova a súa oferta. De feito, o número de establecementos que repite experiencia é elevado en cada unha das edicións e, á vez, incorpóranse novas empresas.
Relacionadas:
-
Alta asistencia á feira de oportunidades Stock Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Stock Pontevedra, unha cita coas rebaixas para tirar a casa pola xanela
Por Gabriela Varela Asorey & Natalia Puga |
-
A Zona Monumental prepara unha nova edición de Stock Pontevedra
Por Redacción |
-
Grandes oportunidades nunha nova edición do Stock Pontevedra
Por Mónica Patxot & Antía Fernández Buján |