O PP de Pontevedra critica a falta de ambición dos concelleiros de Marea, PSOE e Cidadáns
Por Oskar Viéitez
Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira e Rafael Domínguez, compareceron este martes en rolda de prensa para presentaron unha emenda á moción conxunta sobre o imposto sobre bens inmobles (IBI) que veñen de presentar os concelleiros de Marea, PSOE e Cidadáns aos que criticaron a súa falta de ambición.
Rafael Domínguez sinalou que a proposta do resto de grupos da oposición sobre a modificación do IBI "nos parece adecuada", pero apuntou que tamén "nos parece poco ambiciosa".
Por este motivo, os populares solicitan engadir un terceiro punto "para mejorar la propuesta" co que insta á Xunta de Goberno a promover a redución dun 10% do imposto sobre bens inmobles.