Os clubs exercerán de bedeis nos campos de fútbol municipais
Por Redacción
O goberno local espera que as instalacións deportivas municipais poidan autoxestionarse polos clubs e, nesta liña, traballan coa SD Monte Porreiro e co Cerponzóns CF para establecer as bases para o uso das novas instalacións deportivas situadas nestes puntos do municipio.
O concelleiro Demetrio Gómez expiicaba que os clubs realizarán funcións de bedel, isto é, encargaranse de conservar, limpar e manter as instalacións, abrir e pechalas, comprobar que leva a cabo un uso correcto e garantir que o resto de entidades deportivas poden utilizala. Estes clubs encargaranse dos pequenos investimentos de mantemento como o recambio de lámpadas e serán os que terán preferencia en fixar horarios. No caso de Monte Porreiro, esa prioridade repartirase tamén entre Mareantes, Porteiro 2000 e Pontevedra.
Pola súa banda, o Concello encargarase de fixar os horarios, de forma que as horas libres queden tamén a disposición doutros clubs, inspeccionará o estado das instalacións, realizará os grandes investimentos para o mantemento e reservarase horas do horario preferente para organizar o uso do espazo deportivo.
Demetrio Gómez indicou que aínda queda por definir a duración destas concesións, que se situaría ao redor de 30 anos prorrogables seis máis e a dispoñibilidade das instalacións para grandes eventos deportivos.
O goberno local quere trasladar este modelo aos campos de fútbol municipais de Santa María de Xeve, Campañó e Ponte Sampaio.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Lores exhibe as súas habilidades futbolísticas no novo campo de Cerponzóns
Por Diego Espiño |
-
Os socialistas sinalan importantes deficiencias no novo campo de fútbol de Cerponzóns
Por Redacción |
-
O campo de fútbol de Cerponzóns estará listo en abril
Por Noelia Torres Pintos |
-
Vinte e tres empresas optan a construír o campo de herba sintética de Cerponzóns
Por Alejandro Espiño |