Nova convocatoria das axudas da Xunta para a promoción da igualdade
Por Redacción
Nunha xuntanza celebrada este mércores en Pontevedra a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, informou ás persoas responsables e o persoal técnico dos 48 concellos dependentes desta área para informarlles da nova convocatoria do goberno galego de axudas e subvencións aos concellos para a promoción da igualdade, publicada o martes no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Concretamente, ao abeiro desta convocatoria a Secretaría Xeral da Igualdade pretende apoiar e consolidar as actuacións que se están levando a cabo desde as administracións locais en materia de prevención e eliminación da violencia de xénero ou de conciliación así como tamén apoiar a rede de 27 centros de información ás mulleres (CIM) existentes na provincia de Pontevedra.
Estas axudas están cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo e contan cun orzamento este ano de máis de 4,2 millóns de euros.
Están dirixidas a concellos, consorcios, mancomunidades ou agrupación ou asociacións de concellos. Ao abeiro da convocatoria anterior destas subvencións 33 concellos da área territorial da Delegación de Pontevedra recibiron máis de 731.000 de euros.
A resolución que se vén de publicar no DOG engloba os tres mesmos programas de colaboración coas entidades locais que os contemplados na anterior: programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar, programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero e programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM).
O Consello da Xunta autorizou a concesión de anticipos de ata o 75 por cento das subvencións concedidas nalgún destes tres programas.
Relacionadas:
-
Os socialistas demandan ao goberno municipal medidas para garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes
Por Redacción |
-
A visibilización do papel da muller no deporte centrará os actos do 8 de marzo en Marín
Por Redacción |
-
A Xunta implica ás asociacións de veciños nunha campaña de prevención da violencia de xénero
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Unanimidade en Bueu na aprobación do cuarto Plan de Igualdade
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Foi 2017 o ano da revolución feminista?
Por Marisa Ciordia |