O homicida do conxelador, ante o xuíz por delito fiscal
Por Redacción
José Antonio Frutos Ayala, condenado polo coñecido como crime do conxelador de Ponteareas por matar a golpes a José Jesús Isasi e logo descortizalo e escondelo nun arcón, volveu este venres ante un xuíz. En concreto, sentou no banco dos acusados ante a xuíza do Penal número 4 de Pontevedra nos xulgados da Parda acusado dunha suposta fraude fiscal.
O xuízo sentou no banco a un total de sete persoas, para as que o fiscal solicita tres anos de prisión por cabeza, o pago dunha multa de 450.000 euros e a perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas durante cinco anos.
A fraude xulgada realizouse presuntamente utilizando a famosa -e desaparecida- construtora pontevedresa Gómez de Bodaño, da que Frutos Ayala era administrador único tras adquirir todas as accións da compañía por un euro, pero o fiscal considera que tanto el como o acusado Alberto F. A., eran "meros homes de palla dos verdadeiros propietarios da sociedade" e tan só puxeron o seu nome nas escritoras para recibir unha contraprestación dineraria.
Frutos Ayala, durante o xuízo, recoñeceu que por todas as xestións nas que participou cobrou 8.000 euros e que el tan só acudiu a notaríaa a asinar respondendo á chamada doutro procesado, David Pumares.
Os procesados, en xeral, optaron por botar balóns fóra nas súas declaracións, desmarcándose da acusación do fiscal de defraudar á Axencia Tributaria nas cotas do IVE de 2012 un total de 142.076 euros.
Un dos acusados máis claros foi o que era asesor fiscal de Gómez de Bodaño cos donos orixinais, que se mostrou convencido de que o procesado Alberto F.A. "era un pobre diablo y un testaferro" e que a operación pola que chegaron a xuízo "era lógico que la Agencia Tributaria la iba a descubrir".
"Era el producto de mentes muy primitivas", indicou este procesado, que asegura que cando se produciu a compra da empresa el xa advertiu aos antigos donos das dúbidas que tiña sobre esta operación.
Relacionadas:
-
Doce anos e medio de prisión para o autor confeso do crime do conxelador
Por Redacción |
-
Unanimidade do xurado para declarar culpable de homicidio ao autor confeso do crime do conxelador
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O autor confeso do crime do conxelador declara en Pontevedra por fraude fiscal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |