Solicitan a reparación das escaleiras de acceso á igrexa de Tilve en Cerponzóns
Por Redacción
A asociación de veciños O Chedeiro do lugar de Tilve, na parroquia pontevedresa de Cerponzóns, reclama do Concello de Pontevedra que se adopten medidas para adecuar as escaleiras de acceso ao adro da igrexa que se atopa nesta parroquia.
Os veciños sinalan que o seu estado non é axeitado para os residentes que as usan con frecuencia, dificultando en maior medida ás persoas de idade avanzada.
Desde a asociación considéranse moi positivos os traballos realizados pola Demarcación de Estradas do Estado durante as últimas semanas nesta zona.
As inmediacións da subida cara á igrexa e as adxacentes á parada de autobús foron melloradas para o uso dos veciños que esperan o transporte. Realizouse tamén a limpeza das matogueiras que dificultaban a visión, segundo O Chedeiro, tanto aos condutores como paisaxista na contorna da igrexa.