66 parellas casaron con voda civil no Concello durante 2017
Por Alejandro Espiño
As vodas civís rexistradas no concello de Pontevedra ao longo de 2017 non se resentiu. Un total de 66 parellas deron o ‘si quero’ ante a mirada dun edil da corporación municipal. O ano anterior foran 60.
As cerimonias, como é tradición en Pontevedra, celebráronse maioritariamente no Pazo de Mugartegui os venres pola tarde ou os sábados pola mañá.
Houbo vodas, segundo os datos achegados polo goberno municipal, durante todos os meses do ano. Iso si, setembro (once enlaces), xullo (dez) e abril (oito) foron as opcións máis elixidas polos contraentes.
Decembro (sete), outubro (seis) ou xuño e agosto (cinco) tamén rexistraron un importante número de vodas civís. A lista complétana maio (catro), febreiro e marzo (tres) e xaneiro e novembro (dous).
Ademais, outras doce parellas reservaron xa data para celebrar a súa voda civil no Concello durante 2018.
Para a celebración dun matrimonio civil no Concello de Pontevedra non é necesario estar empadroado pero débese tramitar a solicitude no Rexistro Civil do lugar onde vivan. Tras completar toda a documentación e concretar os detalles da voda, débese abonar a taxa correspondente que, neste caso, é de 81,73 euros.
En 2017, o Concello ingresou por este concepto 5.400 euros.
Este labor municipal complétase coas dez cerimonias, tamén civís, coas que Pontevedra deu a benvida a bebés recentemente nados. Son os coñecidos popularmente como bautizos civís que na Boa Vila celébranse desde 2013.