Marea Pontevedra pide ao Concello que mellore a transparencia na web municipal
Por Redacción
Mellorar a transparencia do Concello de Pontevedra a través da súa web municipal é a petición de Marea Pontevedra aos Reis.
O colectivo asegura que actualmente "non é sinxelo" consultar os datos das retribucións de todas e cada un dos 25 concelleiros que compoñen a corporación municipal "debido a que figuran en varios apartados".
Ademais estas cifras correspóndense coas declaracións do ano 2016, por tanto elaboradas con datos do exercicio fiscal de 2015, sen ter sido aínda actualizados.
Marea, que di ter cumprido coa súa obriga de actualizar as declaracións de bens dos seus edís, quéixase de que a falta de renovación neste aspecto impide coñecer publicamente se algún membro da corporación municipal non presentou a súa declaración.
A formación política que encabeza Luís Rei reclama ademais dar un paso máis en canto a transparencia ampliando esta medida ao persoal eventual contratado con cargo ao orzamento municipal.
Por último, Marea asegura que Pontevedra está por baixo da media entre os 110 municipios de toda España analizados no informe anual de Transparencia Internacional, cunha puntuación de 78,1%, cando a media sitúase en 89,7%.