García Pedrosa formará parte do máximo órgano de dirección de Comisións Obreiras a nivel nacional
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516dc14680c33-garciapedrosa.jpg)
© CC.OO. Pontevedra
O secretario comarcal de Comisións Obreiras de Pontevedra, Xosé Luis García Pedrosa, formará parte do Consello Confederal deste sindicato, despois de ser elixido pola dirección en Galicia xunto a outros dous representantes.
O Consello Confederal é o máximo órgano de dirección de CC.OO., entre o período dos Congresos é está integrado por 174 membros: 14 pola Comisión Executiva Confederal, 80 membros en representación das Federacións Estatais e 80 membros en representación das Comunidades Autónomas. Se reúne tres veces ao ano, ao menos, con carácter ordinario e, con carácter extraordinario, cada vez que o solicite un terzo dos integrantes do propio consello.
O Consello Confederal ten funcións e competencias esenciais para o funcionamento de Comisións Obreiras, entre outras as de aprobar anualmente os orzamentos da Comisión Executiva Confederal de gastos e ingresos. Aprobar anualmente os plans de traballo confederais e os balances de actividade.
A primeira reunión do Consello Confederal terá lugar na sede de CCOO de Madrid e na mesma debatese o Informe, presentado polo Secretario xeral, Ignacio Fernández Toxo, e asimesmo aprobarase o cambio de denominación de varias organizacións territoriais e federativas.
A Unión comarcal de CC.OO. de Pontevedra valora positivamente a incorporación de García Pedrosa ó Consello Confederal, "xa que isto nos permitirá participar no debate e na toma de decisión dos asuntos mais transcendentes para os traballadores e traballadoras".