Pingas para Níxer no Colexio Carballal de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516d89d6e1af6-dscf1111.jpg)
© CEIP Carballal de Marín
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516d8a3a0ec62-dscf1140.jpg)
© CEIP Carballal de Marín
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516d8a57c34fc-dscf1144.jpg)
© CEIP Carballal de Marín
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516d8a762717d-dscf1242.jpg)
© CEIP Carballal de Marín
O CEIP Carballal de Marín, traballa a importancia de usar a auga axeitadamente, ademáis de ver cal é a situación de moitos nenos do mundo que non teñen a fortuna de contar con auga potable próxima e de calidade. Concretamente están a participar na campaña educativa promovida por UNICEF chamada Pingas para Níxer. A situación deste país africano, un dos máis pobres do mundo no que 1 de cada 5 nenos non chega aos cinco anos de idade, precisa da nosa atención e colaboración.
O centro marinense coopera nesta iniciativa organizando un evento que en principio estaba previsto para o 22 de Marzo, día Mundial da Auga e que por mor do tempo celebrouse finalmente este luns día 15 de abril.
O evento estivo constituído por unha serie de actividades establecidas por ciclos:
- Os alumnos de Infantil buscaron no patio do recreo, unha serie de pingas de cores, a modo do xogo "na percura do tesouro".
- O alumnado do 1º y 2º ciclo realizou unha carreira do obstáculos no interior do recinto
- Os alumnos e alumnas do 3º ciclo fixeron a carreira no exterior do centro coa colaboración da Policia Local.
Cada neno recibiu un dorsal para participar na carreira e realizou con distintas técnicas artísticas unha gota de auga. O finalizar as atividades deportivas, colocaron as gotas nunha gran nube e nunha morea de cordeis no patio a modo de choiva.
Tamén depositaron nunha "piñata nube " os donativos de cada clase nunha tarxeta a modo representativo.
Unha vez finalizada a carreira, coa colaboración de Supermercados Froiz, cada escolar participante recibíu un botellín de auga e unha mazá, para repoñer forzas.
Esta recaudación será remitida a UNICEF para enviar a Níxer e participar na campaña que supon a realización de pozos de auga, saneamento e todo o relacionado coa auga e a hixiene na población africana, a máis azotada pola sequía.