A familia do escultor Asorey pide axuda para catalogar as súas obras
Por Redacción
O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, asistirá este mércores en Santiago á presentación da Asociación Francisco Asorey, invitado polo fillo do gran escultor cambadés, José Manuel Asorey, e pola neta, Carmen Asorey.
Este acto celébrase no museo das Peregrinacións, na rúa Platerías, e contará coa presenza de representantes dos gobernos municipais de Compostela e Cambados.
Tanto o fillo como a neta do escultor consideran que Cambados, como cuna de Asorey, merece ser protagonista na presentación dunha asociación creada para a protección, conservación e valoración das súas obras.
En 2011 Cambados organizou o Ano do Escultor Asorey, con motivo do 50 aniversario do pasamento do autor de Naiciña, e contou en todo momento co apoio da familia. José Manuel Asorey expresou o seu agradecemento ó Concello por esta iniciativa e incluso aportou a súa colaboración, cedendo varias pezas e documentos de interese para a magna exposición celebrada no pazo de Torrado.
Os herdeiros de Asorey reclaman estes días das autoridades a protección para a obra deste escultor ante o importante volumen de copias no autorizadasde pezas particulares, sen respetar os dereitos de autor, e a falta de conservación da obra pública.
A través dunha páxina web a familia de Asorey comezou unha catalogación das obras.