Aviso amarelo por vento no mar
Por Redacción
A costa galega permanecerá este luns en aviso amarelo por vento no mar. En concreto, os ventos serán de forza sete e poderán superar os 80 quilómetros por hora.
Segundo a información publicada por Meteogalicia, este nivel de alerta activarase ás 9,00 horas nas provincias de Pontevedra e zona sur da Coruña.
Así, o paso da fronte asociada a unha borrasca centrada sobre Escocia fará que estes avisos estean activados ata as 18.00 horas, cando se espera que amaine o vento.