Dous veciños de Poio ingresan na prisión da Lama por delitos contra a seguridade viaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dous veciños de Poio ingresaron no centro penitenciario da Lama por orde do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra. Un deles, de 54 anos de idade, terán que permanecer 45 días en prisión por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O outro condutor de 25 anos deberá cumprir unha condena de 8 meses por conducir tras perder todos os seus puntos e despois de ser imputado en tres ocasións anteriores polo mesmo delito.
A Garda Civil de Tráfico tamén imputou a outros dous condutores durante este fin de semana tras interceptalos circulando baixo a influencia de bebidas alcohólicas nas inmediacións do Vao, no concello de Poio.
O primeiro deles era un condutor dun ciclomotor que circulaba ás oito da tarde de forma manifestamente temeraria, dun lado ao outro da calzada, pola estrada PO-310 nas proximidades do Vao. Ao ser sometido á proba da alcoholemia, primeiro co etilómetro de aproximación da pantalla e a continuación polo Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico. A proba confirma, segundo a Garda Civil de Tráfico, un contundente resultado positivo de 0:84 na primeira proba e 0:83 na segunda.
Unha hora máis tarde, un turismo Peugeot-207 realizaba unha manobra de cambio de sentido para evadir un control de alcoholemia. O vehículo foi interceptado polos axentes que lle realizaron a proba de alcoholemia ao condutor que deu resultado positivo.
Ambos os dous, un veciño de Campañó de 57 anos e o outro de 29, veciño de Pontevedra, foron imputados por delitos contra a seguridade vial por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.