A Policía Local pon en marcha un operativo de tráfico con motivo das festas do Nadal
Por Redacción
Conscientes do alto volume de vehículos que circulan polas distintas rúas da cidade nestas datas, dende o 22 de decembro ata o 6 de xaneiro, a Policía Local de Pontevedra pon en marcha un dispositivo especial de tráfico durante as festas do Nadal.
PUNTOS DE ESPECIAL ATENCIÓN
1. Entrada e saída de parkings: Durante estes día é frecuente que a ocupación dos parking públicos da cidade aumente considerablemente o que provoca retencións de tráfico tanto na entrada como a saída dos vehículos.
A Policía Local manterá unha especial vixianza nestes puntos co fin de garantir a máxima fluidez do tráfico e fai un chamamento a cidadanía para que presten especial atención aos paneis informativos que atópanse nas entradas da cidade e facilitan información, en tempo real, da ocupacións dos distintos parkings.
2. Intersección Uxío Novoneira con Eduardo Pondal: Adoptaránse as seguintes medidas:
- Cortes ou desvíos de tráfico puntuais na rotonda de Eduardo Pondal con Rúa Estación.
- Presencia física de axentes da Policía Local, especialmente nas horas punta.
- Cortes progresivos se fose necesario na rúa Teixoeira con desvíos Estación/Doce de Novembro.
3. Praza Barcelos. Os accesos e especialmente a saída do parking provoca retencións de tráfico importantes que obrigarán á Policía Local a actuar, polo que se procederá a tomar a seguintes medidas:
- Desvíos, puntuais, na entrada ao parking e cando se atope completo, cara a San Antoniño e rúa Rouco.
- Desvíos puntuais na glorieta do Ponte de Santiago, desviando o tráfico de entrada na cidade procedente da Avenida Compostela cara a Ponte do Burgo, co fin de facilitar a saída de vehículos procedentes das rúas Cobián Roffignac - Padre Amoedo, ou sentido Bos Aires - Padre Gaite podéndose efectuar cortes a altura da Ponte de Santiago cara a Avenida Compostela.
4. Rotonda Alameda- Raíña Victoria, non se descartan cortes puntuais de tráfico e desvíos cara a rúa San Roque, co fin de facilitar o tráfico de saída cara a Ponte da Barca.
5. Benito Corbal -Sagasta. A ampliación da zona peonil de Benito Corbal potenciou aínda máis se cabe, o uso peonil da zona. O incremento de peóns por mor das compras no Nadal, especialmente nas rúas Loureiro Crespo\Benito Corbal e Sagasta provocará que o tráfico rodado sexa lento polo que terá consecuencias de retención de tráfico que afectará as seguintes rúas:
- San Antoniño acceso a Benito Corbal por Javier Puig: a zona centro da cidade rexistra un aumento significativo na circulación peonil, o que prolongado o tempo colapsa as vías e interseccións próximas, (San Antoniño, Perfecto Feijoo), polo que, en momentos puntuais se desviará o tráfico de San Antoniño cara a Casimiro Gómez, prohibindo o acceso a Javier Puig cara a Benito Corbal.
- Uxio Novoneira/Eduardo Pondal acceso ao centro da cidade por Cobian Areal cara a Benito Corbal – Sagasta.
HORARIOS DE ESPECIAL INCIDENCIA
Se establecen como horario de máxima intensidade circulatoria os seguintes:
- De 10:30 a 12:00 horas con intensidades de entrada a cidade
- De 13:15 a 14:30 horas de saída da cidade.
- Especialmente de 18:45 a 21:00 horas de saída da cidade.