Chegan os lombos solicitados pola barriada de Mogor
Por Redacción
Esta semana iniciáronse as obras de execución dos redutores de velocidade (lombos) na Barriada de Mogor. Esta actuación, solicitada a través dunha moción no pleno e aprobada por todos os grupos, foi acordada coa asociación de veciños para tratar que existan os menores problemas e molestias na súa execución.
Era unha demanda moi solicitada tendo en conta que tanto no inverno, como sobre todo no verán coa afluencia ás praias, circulan por estes viarios numerosos coches nunha contorna onde existe un parque infantil, unha zona de xogos e unha pista de deporte que sempre é frecuentada por nenos.
ARRANXOS NO LOCAL MUNICIPAL XOÁN XXIII
Por outra banda o Concello de Marín continúa cos arranxos solicitados pola asociación de Pardavila relativos ás melloras do local municipal Xoán XXIII onde desenvolven as súas actividades.
PAGO EXPROPIACIÓNS VARIANTE
Este martes tamén acudiron ao salón de plenos do Concello un grupo de funcionarios da Xunta de Galicia para proceder ao pago dunha remesa importante de expropiacións pola construción da Variante de Marín. Hai unhas semanas levou a cabo un pago doutro grupo de propietarios e no día de hoxe previa citación, produciuse o pago de intereses das mesmas maioritariamente.