El Cafetín, Casa Román e O'Bioco, vencedores de Pontedetapas 2017
Por Redacción & Mónica Patxot
A Gala Pontedetapas celebrada este luns na Cada da Luz deu a coñecer os vencedores da última edición do concurso gastronómico promovido pola concellería de Promoción Económica.
Nesta edición de 2017 participaron 52 establecementos hostaleiros da cidade. Deles 35 competiron na categoría de tapa tradicional, 23 en tapa creativa e 6 na categoría de cóctel.
A 'Vieira afumada carballo e laurel sobre arroz de algas' creada por El Cafetín resultou vencedora na categoría de tapa creativa, a 'Pescada á galega' de Casa Román impúxose na tapa tradicional e as proposta 'Sopas de cabalo canso fúnxicas' de O' Bioco foi designado como mellor cóctel segundo as valoracións do xurado.
Quedaron segundos clasificados o Loaira na tapa creativa con 'Airbag de mexillón tigre', O'Bioco coa tapa tradicional 'Tosta do monte da Fracha' e o Icewolf co cóctel 'Perlas no camiño'.
Ademais, El Cafetín fíxose co premio do público grazas á súa 'Vieira afumada carballo e laurel sobre arroz de algas' grazas a unha valoración de 11.507 puntos, polos 5.106 puntos das 'Torradas céltigas' de La Cámara e os 4.764 puntos da Ultramar coa súa tapa 'Empanadillas crocantes de tenreira galega, tetilla fundente e tandori'.
Por último o Loaira recibiu o premio á mellor tapa elaborada con conserva de peixe, categoría patrocinada pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Peixes, ANFACO.