O Día da República tamén se celebra en Pontevedra
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516ac32ae8b76-foto-22287.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/516ac3ed2c5ab-foto-22279.jpg)
© Diego Torrado
Está preto unha III República? Así o creen os catro colectivos convocantes da concentración celebrada na Praza de España de Pontevedra coincidindo co Día da República.
Esquerda Unida, Partido Comunista de Galicia, Xuventude Comunista e RPS Republicanos Galicia protagonizaron o acto 82 anos despois da proclamación da II República baixo o lema "Pola República e cara un proceso constituinte"
A concentración alongouse por espazo de media hora, finalizando cun manifesto no que os convocantes reclamaron un novo sistema político, "trátase de recuperar a democracia como un sistema económico, político e ético ao servizo das necesidades da clase obreira".
Os asistentes colocaron ademais unha bandeira republicana no monumento conmemorativo aos Heroes de Ponte Sampaio.