"Sen accesibilidade universal, non hai dereitos humanos para as persoas con discapacidade"
"Sen accesibilidade universal, non hai dereitos humanos para as persoas con discapacidade". A reivindicación realizouse este domingo na praza da Ferrería con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no que se uniron 15 colectivos sociais do ámbito da discapacidade.
O acto, realizado baixo o lema 'Baixo o mesmo paraugas', uniu ás asociacións da cidade e cidadáns sensibilizados coa situación das persoas con discapacidade. Boa parte dos asistentes acudiu cun paraugas a pesar de que non chovía respondendo á petición da organización para que esta peza fose "un símbolo común e de unión que nos acolla nunha voz única e común de todo o colectivo da discapacidade".
A entidade pontevedresa Amencer- Aspace tamén aproveitou este acto para colaborar coa Asociación española contra o cancro (AECC) adquirindo os seus paraugas solidarios, nunha chiscadela entre entidades sociais que queren facilitar cada dia máis recursos a persoas que necesiten deles.
O acto tamén incluíu a lectura dun manifesto reivindicativo do Comité Español de Representantes de Persoas con discapacidade (CERMI) no que todos reclamaron aos poderes públicos unha "accesibilidade universal real".
O manifesto reivindica que a accesibilidade universal é un ben social básico que ha de ser promovido, amparado e protexido polos poderes públicos e, con todo, a pesar dos recordatorios e denuncias do tecido asociativo das persoas con discapacidade e as súas familias, este luns 4 de decembro de 2017 producirase unha mala noticia.
Esta era a data límite legal para alcanzar o ben básico da accesibilidade e, en realidade, o que se conmemorará é "un fracaso colectivo como sociedade, imputable especialmente aos poderes públicos". Á vista de tal situación, o tecido social xa avisa que intensificará a súa tarefa de presión e denuncia, despregando unha estratexia activa de mobilización e contestación contra os incumprimentos.
A partir deste luns 4 de decembro, o movemento asociativo será "máis reivindicativo, vixiante e belixerante contra as violacións de dereitos" por falta de condicións de accesibilidade universal.
Dia Internacional das Persoaas con Discapacidade na Ferrería
Un total de 15 colectivos sociais do ámbito da discapacidade uníronse este domingo na praza da Ferrería con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade co lema 'Baixo o mesmo paraugas'
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
O Pazo Provincial acolle o mural colaborativo de Amencer-Aspace
Por Redacción |
-
Denuncian a falta de accesibilidade do edificio de Consumo e de Tráfico en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- No Museo aprenden técnicas para guiar persoas cegas
Por Mónica Patxot |
-
A Deputación de Pontevedra convoca o segundo Encontro provincial pola Inclusión
Por Oskar Viéitez |
-
Os futuros profesores experimentan a sensación de ser invidentes
Por Redacción |
-
Gala Hefesto 2015. Feliz día da (dis)capacidade
Por Redacción & Mónica Patxot |