Os populares demandan a reforma do barrio de A Moureira
Por Redacción
O portavoz popular, Jacobo Moreira, lamentou este sábado que o goberno local "tampouco tivese en conta aos veciños da zona de A Moureira á hora de elaborar o avance do orzamento municipal para o vindeiro ano 2018".
Así, tras reunirse con representantes da Asociación de Veciños de San Roque, o edil popular lembrou que "levan anos agardando pola reforma do Campo da Torre" e que a pesar de contar un proxecto xa cerrado para este lugar, "o goberno do BNG esqueceuno no caixón".
Durante o encontro, os veciños trasladáronlle ademais outras cuestións que consideran prioritarias no barrio entre as que destacan un maior control policial co fin de poñer fin aos botellóns que cada fin de semana se levan a cabo na zona.
"Esta mesma semana, os veciños denunciaban a presenza de ouriños en diversas rúas próximas á capela de San Roque, unha situación de insalubridade á que debe poñer fin o goberno local", destacou o edil popular.
Ademais, Jacobo Moreira considera unha falta de respecto que o alcalde e o seu grupo de goberno non respondan á peticións de reunión que esta asociación presentou hai case un ano no Concello.
Relacionadas:
-
O orzamento municipal de 2018 péchase en 75 millóns
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra presenta ao BNG unha batería de propostas dirixidas aos barrios e ao rural
Por Oskar Viéitez |
-
PP e técnicos sanitarios piden que a Rolda Leste sexa unha vía "libre de lombos" cara a Montecelo
Por Diego Espiño |