Unha espectacular saída de vía sáldase sen feridos na Granxa
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Un home saíu ileso dunha espectacular saída de vía acontecida ás 6:40 da mañá deste sábado na PO-308 na Granxa.
Todo apunta a que o condutor dun Porsche Carrera, que circulaba en dirección Sanxenxo, se quedou durmido ao volante arremetendo a unha furgoneta que estaba aparcada.
A pesar da dureza do impacto o condutor non sufriu ningún contratempo físico e puido marchar do lugar en taxi, despois da intervención dos servizos de emerxencia.