A Garda Civil e a GNR portuguesa coordinan en Pontevedra a seguridade transfronteiriza
Por Redacción
Os mandos da Garda Civil en Pontevedra e Ourense e os responsables da Garda Nacional Republicana (GNR) de Portugal mantiveron este xoves unha reunión de traballo na Comandancia pontevedresa para abordar asuntos relacionados coa cooperación transfronteiriza.
A reunión para a coordinación de ambos os corpos policiais celebrouse na mañá deste xoves tra ser convocada polo tenente coronel xefe interino da Comandancia de Pontevedra, Manuel Touceda, e tamén contou coa participación do tenente coronel xefe de Ourense, Manuel Javier Novo, e de diferentes mandos da provincia de Pontevedra.
Por parte da GNR acudiron os responsables dos grupos e comandos territoriais de Viana do Castelo, Vila Real, Braga e do Destacamento Territorial de Póvoa de Lanhoso, no norte de Portugal, segundo informou a Comandancia de Pontevedra.
O encontro serviu para abordar diferentes temas relacionados coa cooperación transfronteiriza en materia de seguridade interior. En concreto, se abodaron cuestións de cooperación en seguridade viaria, investigación criminal, protección da natureza ou controis transfronteirizos.
Ademais, os asistentes analizaron os resultados dos dispositivos especiais que se realizaron durante o verán dentro do Plan Turismo Seguro, no que se coordinaron patrullas mixtas en operativos específicos.
Relacionadas:
-
A Garda Civil e a GNR de Portugal patrullan Sanxenxo para garantir un turismo seguro
Por Redacción |
-
Reforzo nos operativos de seguridade e tráfico no verán nas zonas turísticas da provincia
Por Natalia Puga |
-
Ana Ortiz recibe os 'guardinhas' que patrullarán este verán en Baiona e Sanxenxo
Por Redacción |
-
A provincia blíndase para garantir un turismo seguro
Por Natalia Puga |
-
Os "guardiñas" portugueses patrullarán por Sanxenxo xunto á Garda Civil
Por Redacción |