A Deputación "exportará" a súa nova guía de mobilidade sustentable a preto de 200 administracións e asociacións do Estado
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra exportará a súa nova Guía Práctica de Mobilidade Sustentable a preto de 200 administracións, asociacións e colectivos do resto do Estado español. Así o indicou este mércores en Madrid o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, quen participou no foro de xestores de estradas de deputacións, cabildos e consells organizada pola Asociación Española de la Carretera (AEC).
Benítez explicou neste foro que a Deputación está a redactar un manual práctico con solucións e experiencias concretas de deseño para fomentar a mobilidade amable, a seguridade viaria e a calidade urbana baseada na experiencia das estradas e os espazos públicos provinciais, sobre todo en materia de calmado de tráfico.
Destacou que nestes momentos existe un grupo de traballo liderado polo enxeñeiro e experto en mobilidade urbana Fernando Nebot que está a desenvolver o documento, que se prevé estará listo no vindeiro ano.
Se está a estudar a posibilidade de realizar unha xornada formativa en Galicia para presentala ante os principais actores relacionados coa mobilidade.