Primeira xornada de limpeza e inventario de patrimonio etnográfico do tramo rural do Gafos
Por Redacción
A asociación ecoloxista Vaipolorío organiza a primeira xornada de limpeza e inventario de patrimonio etnográfico do tramo rural do río dos Gafos.
Será o vindeiro domingo 26 de novembro ás dez da mañá. O punto de saída será, como de costubre, a estación de autobuses de Pontevedra.
O proxecto consiste na limpeza do patrimonio etnográfico do río (pontes, muíños, canles, entre outros elementos) nos seus seis quilómetros de tramo rural, á vez que se realiza un inventario destes elementos facendo constar datos tales como os toponímicos, as medidas, a súa localización, antigüidade, fotografías, e demais.
Relacionadas:
-
Unha tese universitaria estudará a eliminación de especies invasoras nas ribeiras do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío limpa o patrimonio etnográfico do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Lores desvela aos alumnos do Sánchez Cantón os seus plans para o río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a mortaldade de ducias de peixes no tramo urbano do río Gafos
Por Redacción |
-
Aparece unha vertedura de pneumáticos no espazo protexido dos Gafos
Por Oskar Viéitez |