Unha tese universitaria estudará a eliminación de especies invasoras nas ribeiras do río Gafos
Por Oskar Viéitez
"Eliminación de especies invasoras nas ribeiras do río Gafos", é o título do traballo de fin de grao do alumno Tomás López que será dirixido por Gonzalo Sancho, presidente da Asociación Vaipolorío e por Xana Álvarez, profesora asociada do Departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Escola de Enxeñería Forestal.
Consistirá na avaliación da vexetación de ribeira, identificación de especies invasoras, o estudo dos diferentes métodos de eliminación e control das mesmas e finalmente a instalación dunhas parcelas piloto para a avaliación dalgúns métodos de eliminación para unha especie en concreto (Tradescantia fluminensis).
Este venres comeza o alumno a instalar ditas parcelas na zona, para o que conta coa autorización da Xunta de Galicia, quen está informada sobre as actividades para realizar.