40 touroperadores e guías turísticos estrean as rutas Pazo de Rubiáns-Illa de Cortegada
Por Redacción
Este sábado inícianse as rutas entre o Pazo de Rubiáns e a Illa de Cortegada coa intervención de corenta touroperadores, guías profesionais e medios especializados que compartirán o traxecto con autoridades turísticas autonómicas, provinciais e locais.
A visita comeza ás 11:30 da mañá no pazo de Rubiáns despois de coñecer a histórica mansión e os seus xardíns que aspiran a ser os primeiros en España coa cualificación de "excelencia internacional", os visitantes poderán ver os viñedos e a adega. Alí participarán dun xantar tipo buffet con degustación do albariño da casa. Tras a comida trasladaranse a Carril para embarcar en dirección á Illa de Cortegada. A visita á illa durará ao redor dunha hora e media e coñecerán a historia e os elementos naturais deste espazo que forma parte do Parque Nacional dás Illas Atlánticas.
A partir desta primeira visita, calquera persoa ou grupo pode participar desta viaxe "Do xardín das camelias ao bosque de loureiro" os sábados, domingos e festivos. Deberán inscribirse no Pazo de Rubiáns ou na empresa Corticata e o traxecto realizarase sempre que haxa un mínimo de dez interesados. O prezo é de 35 euros para os adultos e de 15 para os nenos.