Propoñen un "escrache mediático" contra a canceira da Armenteira: Hazle saber a Louzán que no estás de acuerdo con "Caan"
Por Redacción
O movemento Koan enfurecido puxo en marcha unha campaña para mostrar o malestar das protectoras de animais ante a apertura de Caan, a canceira pública que a Deputación de Pontevedra abriu na Armenteira, xestionada por Tragsa, co obxectivo de dar servizo a 48 concellos da provincia na recollida de cans abandonados.
Segundo este colectivo, dende o centro de acollida "non difunden aos cans, non deixan entrar ás protectoras, non deixan entrar aos xornalistas... ninguén sabe agora mesmo o que realmente está a pasar aí".
Ante esta situación reclámase aos que estean en contra de Caan que envíen cartas aos xornais e se interveña en programas radiofónicos mostrando o seu desacordo coa canceira. Piden tamén que se escriban comentarios no facebook de Rafael Louzán ademais de cartas e correos electrónicos ao presidente da Deputación.
O centro Caan funciona dende o pasado luns 8 de abril e no primeiro día acolleu nove cans e a responsable do Refuxio de animais de Cambados, Olga Costa, denunciou que non lle permitiron acceder ás instalacións. Dende a Deputación indicouse que non se lle autorizou a entrada porque non pedira cita con antelación e que está previsto convocar a todas as protectoras da provincia para manter unha reunión na que se lles explique o funcionamento do polémico centro.
Relacionadas:
-
A Deputación ampliará a canceira provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán cualifica de "éxito rotundo" o funcionamento do Centro de Acollida de animais na Armenteira
Por Redacción |
-
Nove cans estrean a macrocanceira da Armenteira
Por Redacción |
-
Trece protectoras de animais maniféstanse contra a "macrocanceira" de Armenteira
Por Diego Espiño |