Trece protectoras de animais maniféstanse contra a "macrocanceira" de Armenteira
Por Diego Espiño
O proxecto de "macrocanceira" impulsado pola Deputación de Pontevedra segue atopando o rexeitamento frontal de 13 protectoras de animais da provincia, agrupadas na Plataforma Non a Masacre de Cans.
Este colectivo protagonizou unha xornada de reivindicación en Pontevedra, ante o Pazo Provincial, coas súas mascotas como auténticas protagonistas. Segundo Tania Rodríguez, voceira da plataforma, "hacemos esto para que la gente sepa qué va a pasar con los 2.500 perros que hay en las protectoras. Nosotros trabajamos para que tengan higiene, comida o un hogar y eso una perrera provincial, sin capacidad para acoger a todos, no se lo va a dar jamás. Lo que plantean es una auténtica barbarie".
As protectoras denuncian ademais a intención de ceder a xestión da instalación a unha empresa privada, "¿va a estar una perrera provincial y una empresa privada a las cuatro de la mañana recogiendo un animal sin cobrar nada? Lo dudo"