Ponte Caldelas es #TerritorioFelicidad, una iniciativa de superación personal hispano-cubana
Por Redacción
Saír máis felices que ao entrar. Ese é o obxectivo do minicongreso de crecemento persoal #TerritorioFelicidad que se celebrará en Ponte Caldelas o próximo día 30 de novembro a beneficio dos damnificados polos incendios do pasado 15 de outubro. A iniciativa estará a cargo dos adestradores internacionais Juanma Quelle e Pedro Campos e constará de charlas inspiradoras, breves sesións de música basadas na percusión e, sobre todo, moi bo humor.
O #TerritorioFelicidad é unha marca motivacional que circula por toda España con estes dous adestradores e que ten celebrado xa paradas no País Vasco, Santander, Madrid, Albacete e diversos puntos de Galicia. As súas sesións adoitan ser de pago, moitas delas enfocadas a empresas ou organizacións, aínda que ámbolos dous manteñen tamén un compromiso constante coas causas solidarias.
A iniciativa chega a Ponte Caldelas gracias a Kevin Lemos, responsable do Supermercado A Ermida, de Pontevedra, que volve deste xeito axudar á veciñanza de Ponte Caldelas. No seu empeño atopou a colaboración total do Concello de Ponte Caldelas. O alcalde, Andrés Díaz, recibiuno este luns no Concello, xunto ao Pedro Campos.
O minicongreso terá unha entrada de só 2 euros, unha cifra moi inferior ao que se paga neste tipo de eventos. O aforo está limitado á capacidade da Casa de Cultura. Non obstante, se nestes días se detecta unha gran demanda cambiarase ao auditorio do colexio Cordo Boullosa.
As persoas interesadas poden adquirir as entradas no Concello de Ponte Caldelas, no supermercado A Ermida, situado en Marcón, ou chamando ao teléfono 606231386. O 100% da recadación será ingresada na conta solidaria do Concello de Ponte Caldelas en colaboración con Cáritas.