'Se buscan héroes' na Casa da Luz para atopar emprego
Por Redacción
Son heroes en busca de emprego. Menores de 30 anos que queren desararollar unha idea de negocio ou tentan atopar un traballo. Este luns 6, 25 mozos achegábanse á Casa da Luz onde monitores da Fundación Equipo Humano en colaboración coa Fundación Incyde e a cofinanciación do Fondo Social Europeo explicáronlles os detalles do programa 'Se Buscan Héroes'.
A idea, segundo explicaba o coordinador David López, é desenvolver os superpoderes destes mozos, que teñen distintos niveis de formación e diferentes intereses pero que contan con enerxía para mellorar as súas competencias profesionais para resultar atractivos ao mercado laboral.
Ao longo de 55 horas de formación presencial, 40 de formación online e unha atención personalizada con cinco horas de orientación, os mozos adquirirán coñecementos para ser visibles para as empresas. A organización tamén se encarga de buscarlles empresas onde realizar unha actividade práctica.
Ao longo desta primeira xornada, os participantes foron motivados coa banda sonora de Superman e con actividades grupales nas que utilizaron antefaces. A directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, foi a encargada da inauguración deste curso de formación para atopar emprego.