Aparece un home morto dun machadazo en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Ás 8.10 horas desta mañá, un operario do Concello de Vilanova de Arousa encontrouse co cadáver de Miguel Ángel Paz Fernández, un home de 36 anos que reside en Vilanova de Arousa, malia que é natural da Illa de Arousa. O corpo apareceu tirado no chan nunha pista siutada a uns trescentos metros do seu domicilio, situado no número 39 do camiño da Pantrigueira, en la parroquia de Caleiro.
O home teiña dúas feridas producidas supostamente por un machado, ambas as dúas na zona da cabeza, si ben haberá que esperar ao resultado da autopsia para coñecer as causas da morte. Tamén confirmarmá se, como indicou a Policía Local, o corpo sen vida foi arrastrado uns 20 metros polo camiño no que foi localizado.
De momento, trascendeu que o cadáver estaba seminú (en calzóns), de modo que se baralla a hipótese de que o foron buscar á casa de madrugada, cando etaba na cama.
Segundo fontes relacionadas coa investigación, o home tiña antecedentes por delitos contra a propiedade e apuntan a que podería existir unha suposta relación co movemento de drogas.
A Garda Civil ten asmuido a investigación para esclarecer o suceso e a media mañá realizou unha inspección inicial no domicilio no que o falecido vivía de aluguer coa súa muller e o seu fillo. Fontes consultadas indicaron que ata o momento non se encontrou nada concluínte en relación co autor ou autores do crime.
O falecido é coñecido das Forzas e Corpos de Seguridade. No ano 2011 estivo presuntamente implicado nun accidente en Vilagarcía de Arousa. Circulaba xunto a outras dúas persoas no interior dun Peugeot 206 que atropelou un home e posteriormente levouse por diante seis turismos. Tanto antes como despois do sinistro viuse supostamente implicado en varias pelexas.