Agárdase unha semana de ceos anubrados pero con escasas chuvias nas Rías Baixas
Por Redacción
Este sábado, Galicia manterase nunha zona de transición entre a borrasca que se despraza cara ao Mediterráneo e o anticiclón situado en Azores. Soprarán ventos do norte que achegarán aire frío. O servizo de Meteogalicia sinala que haberá ceos nubrados con chuvascos intermitentes, ocasionalmente tormentosos. As temperaturas quedarán sen cambios, entre os 13 e os 19 graos.
Durante o domingo 5, as Rías Baixas continuarán cunha xornada de alternancia de nubes e claros. As temperaturas sufrirán un moderado descenso para situarse entre os 8 e os 18 graos. O vento soprará moderado de compoñente norte.
Xa na xornada do luns 6, Galicia situaranse ante unha influencia anticiclónica feble. Os ceos alternarán entre nubes e claros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable durante o día para cambiar a dirección suroeste pola noite.
A partir do martes baixarán as temperaturas máximas e as mínimas situándose entre os 9 e os 15 graos. O martes producirase unha tregua dos ventos do norte. Predominará o vento do suroeste que traeá unha fronte polo oeste, con alta probabilidade de precipitacións na franxa atlántica. A partir do mércores, a tendencia é a que os ceos permanezan nubrados.