![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0f3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f371f843-img-20171027-wa0010.jpg)
© Mancomunidade do Salnés
A Mancomunidade do Salnés asinará un convenio de colaboración turística coa rexión de Campania
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1b7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f371cb10-img-20171027-wa0008.jpg)
© Mancomunidade do Salnés
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/53a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/59f371e013-img-20171027-wa0009.jpg)
© Mancomunidade do Salnés
A Mancomunidade do Salnés asinará un convenio de colaboración turística coa rexión de Campania no sur de Italia, unha das máis importantes rexións de Italia.
O acordo abre a porta a colaboracións en diferentes ámbitos de turismo gastronómico, enológico, cultural e arqueolóxico.
Os representantes da Mancomunidade do Salnés, encabezados polo delegado de Turismo, Gonzalo Pita, e acompañado polo alcalde de Ribadumia, David Castro Mougán; o concelleiro de Enoturismo de Cambados, Jose Ramón Abal Varela; o xerente da mancomunidade, Jose Ramón García Guinarte e o presidente da fundación de Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, asistiron ao Museo Arqueolóxico Nacional de Paestum para iniciar o proceso da firma do protocolo para a posta en marcha do convenio.
Durante o próximos seis meses continuarase coas accións específicas para finalizar o proceso da firma do convenio, será previamente traducido por ambos os consulados e terá que ser aprobado polo goberno da rexión de Campania e por último será aprobado pola xunta da Mancomunidade do Salnés.
A comitiva do Salnés desprazada á rexión de Campania compartiu sala no Museo Arqueolóxico Nacional de Paestum, co secretario xeral da Organización Mundial de Turismo, Taleb D. Rifai, e con cinco ministros da Unión Europea alí presentes. Os representantes da mancomunidade aproveitaron a ocasión para compartir impresións con todos eles.