A Mancomunidade do Salnés fará promoción en Rusia ou Reino Unido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/45e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f1fd4389-20171026conveniomancomundiadesalnes-2.jpg)
© Xunta
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f12/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f1fe14b4-20171026conveniomancomundiadesalnes-3.jpg)
© Xunta
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/23c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59f1feae4d-img_4150.jpg)
© Concello de Sanxenxo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou este xoves un convenio de colaboración coa Mancomunidade do Salnés, que incluirá diferentes accións deste destino en mercados como Rusia ou Reino Unido, así como a promoción da Ruta do Pai Sarmiento no mercado alemán e italiano e o impulso de diferentes viaxes ao Salnés para xornalistas especializados de mercados internacionais.
Con recursos como a enogastronomía, as enormes posibilidades para gozar do turismo activo, a natureza, as praias ou experiencias turísticas como a Ruta da Camelia, O Salnés é destino habitual na maior parte viaxes de prensa especializada organizados por Turismo de Galicia, como demostra o feito de que este ano se realizasen alí máis dunha vintena.
O acordo asinado por Turismo de Galicia contribuirá tamén a que festas como a do Albariño, en Cambados; a do Marisco, no Grove, e as festas patronais de San Roque, de Vilagarcía de Arousa -todas elas actualmente de Interese Turístico Nacional-, avancen no seu recoñecemento como festas de Interese Turístico Internacional.
OBRADOIRO DE HOSTALERÍA
Tamén en Sanxenxo, a directora de Turismo visitou aos participantes dun obradoiro enmarcado na Axenda 20 para o Emprego que a Consellería de Economía, Emprego e Industria leva a cabo en colaboración cos concellos fomentando a cooperación institucional.
Nesta iniciativa, os alumnos están a formarse en cociña e operacións básicas de restauración.