A Deputación tínguese de azul para solidarizarse cos pacientes de enfermidades reumáticas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Durante a noite deste venres ao sábado 28, o Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, situado en Montero Ríos, tinguirase de azul para unirse ao mes das enfermidades reumáticas e músculo esqueléticas para axudar a visibilizar estas doenzas e promocionar hábitos saudables que poidan mellorar a vida das miles de persoas que sofren estas patoloxías.
Desta forma, a Deputación súmase aos actos que promove a Liga Reumatológica Galega e ademais de iluminar de azul o Pazo adhírese ás iniciativas iniciadas pola asociación en redes sociais.
A finalidade destas accións é difundir un conxunto de máis de 250 patoloxías relacionadas coas enfermidades reumáticas e músculo esqueléticas que afectan en Galicia a máis de 900.000 persoas. Búscase conseguir que aumente a súa visibilización.