VÍDEO.- Espectacular rotura dunha tubaxe de auga no Grove
Por Redacción
Foi unha imaxe espectacular a que se puido ver este xoves ao redor das 12.00 horas no Grove. Unha tubaxe rebentaba nunha zona onde se acometen obras e provocaba un escape de auga que chamou a atención de veciños e condutores.
O suceso rexistrábase nas proximidades ao cruzamento do restaurante O Centolo.
Ao longo do día reparouse a avaría que non tivo maiores incidencias.