Marín crea sendas e pasos de peóns para mellorar a seguridade viaria
Por Redacción
O Concello de Marín puxo en marcha medidas para mellorar a seguridade viaria dos veciños a través de actuacións en diversas estradas e rúas. Durante estes días pintábanse accesos a colexios e pasos de peóns.
Elaborouse unha senda na ruta que seguen moitos escolares do colexio do Carballal ata a piscina municipal e outra senda de subida aos centros de Chan do Monte e San Narciso.
Ademais creáronse pasos de peóns na rúa Aviador Calviño, en Mogor. Segundo o goberno local, trátase de demandas veciñais.
PODA DE ÁRBORES
O Concello de Marín tamén está a levar a cabo unha campaña de poda das árbores da vila. Son especies que, segundo os técnicos especialistas, precisan unha limpeza das ramas. Actuouse, durante estes días, na Barriada Virxe do Porto, na Barriada Virxe do Carme e na praza do Regueiro.