Ultiman o proxecto de rehabilitación integral da rúa Progreso
Por Redacción
A rúa Progreso, unha das principais vías de comunicación de Sanxenxo, contará moi pronto cun ambicioso proxecto de rehabilitación integral.
O alcalde, Telmo Martín, acudiu á zona para reunirse con técnicos da empresa INOR, encargado da redacción do proxecto, para poder formular in situ pequenas puntualizacións que melloren a solución final.
Trátase dun proxecto encargado en outubro de 2016 polo anterior goberno municipal.
O obxectivo, lembra o Concello, é humanizar este viario que leva sen renovarse moitas décadas. Trátase dun proxecto integral que contempla a substitución das tubaxes e outros servizos públicos, a mellora e ampliación das beirarrúas e espazos peonís, a ordenación do aparcadoiro e a mellora do mobiliario, farois ou papeleiras.
Á vez que se mellora esta rúa, hai que abrir un novo viario paralelo, previsto no PXOM, que permitirá aliviar o tráfico que soporta esta rúa, xa que en varios puntos desta travesía prodúcense as maiores retencións de tráfico no verán.
O anteproxecto está valorado en 2,2 millóns de euros e para a súa execución será necesaria a firma dun convenio coa Consellería de Infraestruturas, que é a titular deste viario que forma parte da PO-308.
Relacionadas:
-
Feijóo afirma que a humanización da Rúa Progreso contribuirá a consolidar o atractivo turístico de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
O Consello da Xunta autoriza o convenio para a humanización e mellora da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma da rúa Progreso, acordada entre Concello e Xunta
Por Redacción |
-
Acometen melloras na iluminación pública de Forxán e Progreso
Por Redacción |